Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO! Hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro e, de estar no centro escolar, estariamos a facer mil e unha actividades arredor deses amigos que nos invitan a viaxar a lugares incribles e a vivir aventuras marabillosas... Dende aquí, coa distancia física entre nós pero unidos no espírito, queremos conmemorar este día coa lectura dun conto para o disfrute de todos e todas. A nosa compañeira de 2º curso, Flavia , enviounos este vídeo. Moitas gracias, Flavia! Ademais, se pinchades no blogue da biblioteca, atoparedes cada día unha historia lida por unha persoa diferente. Xa víchedes as deste días? Gustouvos? BOAS LECTURAS PARA TOD@S!