Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020
Imaxe
Bos días a todas e todos!!! Comeza unha nova semana e, con ela, un novo período de traballo dende a casa. Que tal foron eses debuxos de animais? Seredes quen de sorprender aos vosos compañeiros e compañeiras á volta coas vosas creacións? Seguro que si!!!  Pois ben, logo do repaso de naturais, para esta semana déixovos unha serie de fichas que podedes imprimir para completar. Lembrade tamén de revisar o blogue de inglés, pois a teacher Isa poñeravos alí as tarefas da súa materia. Moitos bicos a todos e a todas e espero vervos prontiño no cole! Ánimo!! Lembrade que #euquedonacasa  #todosairaben
Ola, familias de 2º! Comezamos unha nova semana e, para estes días, aí vai a miña proposta... Estes días imos repasar o que aprendemos sobre os animais e os distintos grupos aos que pertencen, lembrades? Vertebrados ou invertebrados. E dentro dos vertebrados, están os cinco grupos: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes. Para esta semana, tedes que pinchar nos enlaces que aparecerán a continuación e, despois de ver os vídeos sobre os diferentes grupos de animais, facer un debuxo dun animal de cada grupo e poñerlle o nome ás diferentes partes do seu corpo. Tamén debedes escribir en tres oracións a descrición do animal. Do seguinte xeito: - É un/unha  ( nome do animal ). - É un animal  ( mamífero/ réptil/ peixe/ anfibio/ ave. ). - É ( vivíparo/ovíparo ). - Ten o corpo ( cuberto de..../espido ). Os enlaces para ver os vídeos son os seguintes: * mamíferos * réptiles * anfibios * aves * peixes Seguro que vos saen uns debuxos superchulos para expoñer á volta ao
Imaxe
Ola! Na entrada de hoxe tedes os enlaces aos cadernos de traballo de lingua castelá e matemáticas correspondentes ao 2º e 3º trimestre da editorial Santillana. Podedes acceder a eles pinchando sobre o título do caderno en cuestión ( lengua castellana 2º e 3º trimestre ; matemáticas 2º  e 3º trimestre ) e así os nenos e nenas poden ir traballando sobre material como o que estabamos a empregar na nosa aula. Nos vindeiros días tamén procurarei deixarvos unha selección de fichas de comprensión lectora, tanto en castelán como en galego. Lembrade que se trata de que os pequenos e pequenas teñan unhas pautas e sigan unha rutina diaria mentres nos atopamos nesta situación tan excepcional, así que non vos angustiedes e, sobre todo, intentemos non agobialos a eles. Por certo, se queredes enviarme calquera dúbida ou traballo escaneado para que poda correxilo, ou o que sexa, déixovos tamén o meu enderezo electrónico para poder contactar sempre que o precisedes: mariafcoton@gmail.com Un sa
Imaxe
Bos días, familias de 2º! Como levades este confinamento na casa? Supoño que con toda a paciencia que é posible, sobre todo no tocante aos nenos e nenas... Hoxe tráiovos algunhas fichas de repaso de lingua castelá e matemáticas que podedes imprimir e dárllelas aos cativos e cativas. Por suposto, isto non quere dicir que as teñan que facer todas xuntas, senon que poden ir facendo unha de cada, cada día, e así tódolos días teñen un tempo de repasiño do visto no colexio. Tamén é importante continuar con media hora de lectura diaria, que podemos dividir en dous tempos. Para imprimir estas fichas, tedes que pinchar enriba da imaxe co botón dereito do rato e gardar no ordenador. Dende alí xa poderedes imprimila. Todos sabemos que o traballo na casa non é para nada comparable ao tempo de traballo na escola, por iso non podemos pretender que os nenos e nenas cumplan con horarios como os do colexio, pero non esquezades a importancia de que sigan cunha serie de rutinas (adicando, tódolo
Ola, familias! Para facer estes día sen actividade lectiva no centro máis levadeiros, e que os nenos e nenas da aula de 2º podan repasar un pouco os contidos que viñamos desenvolvendo na clase, aquí vos deixo unha pequena relación de páxinas web moi chulas e interesantes para repasar dun xeito divertido e ameno. Ánimo!! Enlaces a páxinas web: www.ceiploreto.es www.mundoprimaria.com www.aprendiendomates.com www.testeando.es