Se onte foi Flavia quen nos enviou o seu reto practicando co patinete, hoxe Álex saúdanos mentres anda coa bici e despois ensínanos o seu reto completando un circuíto.
Bos días a todas e todos!!! Comeza unha nova semana e, con ela, un novo período de traballo dende a casa. Que tal foron eses debuxos de animais? Seredes quen de sorprender aos vosos compañeiros e compañeiras á volta coas vosas creacións? Seguro que si!!! Pois ben, logo do repaso de naturais, para esta semana déixovos unha serie de fichas que podedes imprimir para completar. Lembrade tamén de revisar o blogue de inglés, pois a teacher Isa poñeravos alí as tarefas da súa materia. Moitos bicos a todos e a todas e espero vervos prontiño no cole! Ánimo!! Lembrade que #euquedonacasa #todosairaben
De esto saímos cunha chea de depotistas de Élite!!!!
ResponderEliminarBravo por eses nenos e nenas!!!!!!