Bos días, familias de 2º!

Como levades este confinamento na casa? Supoño que con toda a paciencia que é posible, sobre todo no tocante aos nenos e nenas...

Hoxe tráiovos algunhas fichas de repaso de lingua castelá e matemáticas que podedes imprimir e dárllelas aos cativos e cativas. Por suposto, isto non quere dicir que as teñan que facer todas xuntas, senon que poden ir facendo unha de cada, cada día, e así tódolos días teñen un tempo de repasiño do visto no colexio.
Tamén é importante continuar con media hora de lectura diaria, que podemos dividir en dous tempos.

Para imprimir estas fichas, tedes que pinchar enriba da imaxe co botón dereito do rato e gardar no ordenador. Dende alí xa poderedes imprimila.

Todos sabemos que o traballo na casa non é para nada comparable ao tempo de traballo na escola, por iso non podemos pretender que os nenos e nenas cumplan con horarios como os do colexio, pero non esquezades a importancia de que sigan cunha serie de rutinas (adicando, tódolos días, un tempo ao traballo académico) que a miña experiencia me di que é mellor pola mañá. Pero, como sempre, a última palabra tédela vós!

Fichas de lingua castelá












Fichas de matemáticas






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reto de Álex