Ola, familias de 2º!

Comezamos unha nova semana e, para estes días, aí vai a miña proposta...

Estes días imos repasar o que aprendemos sobre os animais e os distintos grupos aos que pertencen, lembrades? Vertebrados ou invertebrados. E dentro dos vertebrados, están os cinco grupos: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes.

Para esta semana, tedes que pinchar nos enlaces que aparecerán a continuación e, despois de ver os vídeos sobre os diferentes grupos de animais, facer un debuxo dun animal de cada grupo e poñerlle o nome ás diferentes partes do seu corpo. Tamén debedes escribir en tres oracións a descrición do animal. Do seguinte xeito:

- É un/unha  (nome do animal).
- É un animal  (mamífero/ réptil/ peixe/ anfibio/ ave.).
- É (vivíparo/ovíparo).
- Ten o corpo (cuberto de..../espido).

Os enlaces para ver os vídeos son os seguintes:

* mamíferos

* réptiles

* anfibios

* aves

* peixes

Seguro que vos saen uns debuxos superchulos para expoñer á volta ao cole!!

Ánimo! 

#euquedonacasa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reto de Álex