Ola!
Na entrada de hoxe tedes os enlaces aos cadernos de traballo de lingua castelá e matemáticas correspondentes ao 2º e 3º trimestre da editorial Santillana. Podedes acceder a eles pinchando sobre o título do caderno en cuestión ( lengua castellana 2º e 3º trimestre; matemáticas 2º  e 3º trimestre) e así os nenos e nenas poden ir traballando sobre material como o que estabamos a empregar na nosa aula.

Nos vindeiros días tamén procurarei deixarvos unha selección de fichas de comprensión lectora, tanto en castelán como en galego.

Lembrade que se trata de que os pequenos e pequenas teñan unhas pautas e sigan unha rutina diaria mentres nos atopamos nesta situación tan excepcional, así que non vos angustiedes e, sobre todo, intentemos non agobialos a eles.

Por certo, se queredes enviarme calquera dúbida ou traballo escaneado para que poda correxilo, ou o que sexa, déixovos tamén o meu enderezo electrónico para poder contactar sempre que o precisedes: mariafcoton@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo.

Lembrade!! #euquedonacasa 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reto de Álex